PROCESIÓN DA STA COMPAÑA

Evento Cultural

Do 03/11/2017 ao 03/11/2017
18:00h a 20:30h
Praza da Feira
Este vindeiro venres, coincidindo coa festividade do Samaín, comezará a 6ª edición do Festival de Terror PANIC cunha procesión da Sta Compaña polas rúas da vila na que participarán todos os centros educativos da vila. Os actos previstos son os seguintes:

16.30 h: Obradoiro de Maquillaxe na Praza da Feira
18.00 h: Maquillaxe dos participantes na procesión (Praza da Feira)
19.00 h: Procesión polas rúas da vila
19.30 h: Chegada á Praza do Concello e recepción a cargo do Mago Teto.
20.00 h: Chocolatada popular para os participantes

A comitiva oficial que abrirá o desfile estará caracterizada de Sta Compaña ou meiga; os disfraces poden adquirirse nas tendas de roupa Lolita e Carmiña, O Dedil, Nobelo a Nobelo, Arranxos Cristina e As túas labores.