Axenda WhatsApp e Telegram

Axenda

Do 01/03/2023 ao 30/12/2023
08:00h a 08:00h
A Estrada
Co obxectivo de difundir con rapidez noticias das actividades de ocio e tempo de lecer que se leven a cabo no noso concello -novidades, material útil e información práctica dos eventos-, habilitouse un número de teléfono para enviar WhatsApps semanais.
 
O mecanismo para subscribirse é moi sinxelo:
 
• 1. Engadir un contacto novo á túa axenda co número de tel.: +34 630 26 23 86
 
• 2. Enviar un WhatsApp poñendo "ALTA" a ese novo contacto.
 
• 3. Ao cabo duns días recibirás unha mensaxe de confirmación e comezarás a recibir as novas da axenda cultural e tempo de lecer no teu móbil.
 
Ao enviar a primeira mensaxe ao novo contacto agregado, o usuario pasará a formar parte dunha lista de difusión á que se enviarán as noticias periódicas.
 
Non se utilizará o mecanismo como medio de conversación ou resolución de dúbidas -xa temos outras vías para iso-, de modo que así se asegure a efectividade do servizo.
 
En calquera momento pódese deixar de recibir as noticias, comunicándoo a través do mesmo medio cunha mensaxe que poña "BAIXA"
 
 
IMPORTANTE: Enviamos as mensaxes a través dunha lista de difusión, pero nunca te engadiremos a un grupo, polo que ningún outro usuario subscrito aos nosos envíos terá acceso aos teus datos ou ao teu número de teléfono. 
 
Tamén podes seguir a axenda cultural na nosa canle de Telegram, únete no seguinte enlace ->
https://t.me/AxendaAEstrada