ROTEIRO POLO BERRES DOS IRMÁNS VALLADARES

Evento Cultural

Do 18/02/2023 ao 18/02/2023
11:30h a 14:00h
Igrexa de Berres
O sábado día 18 de febreiro, entre as 11.30h e 13.30h, terá lugar a actividade literaria ROTEIRO POLO BERRES DOS VALLADARES, unha actividade organizada polo departamento de Cultura do Concello na que colabora o programa de Radio Estrada "O RECUNCHO DA LINGUA" ademais de Pilar Bernárdez en calidade de presentadora e os actores Chelo do Rejo, Toño Pena e Gonzalo Valcárcel, dando vida a Avelina, Marcial Valladares e Manuel García Barros. O roteiro consta dos seguintes apartados:
 
-Saída en autobús dende a praza do Concello
-Recepción na igrexa parroquial de Berres ás 11.30h
-Actuación da Coral Polifónica de Berres
-Presentación a cargo de Pilar Bernárdez (O Recuncho da Lingua)
-Recital de Isabel Rey Sanmartín
-Ofrenda floral aos Valladares no cemiterio parroquial
-Recitado a cargo dos nenos Laura Bernárdez e Teo Cabaleiro
-Recepción en Vilancosta
-Saúda a cargo de Avelina e Marcial Valladares
-Conto de Avelina teatralizado por Toño Pena e Chelo do Rejo
-Saída cara ao Areal
-Recitacións de Manuel García Barros, Avelina e Marcial Valladares
-Actuación do trío formado por Pablo Bernárdez, Cibrán Seixo e Rubén Servide.
-Regreso en autobús á praza do Concello
 
Serán 30 prazas as que se habilitarán para poder asistir a este roteiro. Todas as persoas interesadas deberán anotarse no Departamento de Cultura do Concello da Estrada a partir deste mércores día 8. A actividade será de balde.