A RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS SERÁ NO TEATRO PRINCIPAL

Evento Cultural

Do 05/01/2022 ao 05/01/2022
17:00h a 19:00h
Teatro Principal

As inclemencias meteorolóxicas previstas para mañá mércores, provocan que a recepción real que, en principio, ía ter lugar na praza do Concello, se translade ao Teatro Principal, entre as 17.00 h e as 19.00 h.

O Teatro Principal contará cun circuíto de entrada e saída coa finalidade de evitar aglomeracións nas súas instalacións. Os nenos e nenas non poderán contactar cos Reis Magos en ningún momento e deberán acceder con máscara ao recinto, procedendo, así mesmo, á limpeza de mans. Poderán deixarlles as cartas ás súas maxestades, nunha caixa de correo habilitada polos paxes a pé de escenario.

O Concello prega a colaboración de toda a veciñanza, mantendo a distancia social entre grupos e evitando posibles aglomeracións na contorna do Teatro Principal.