Contacontos con Sofía Aldavero

Evento Cultural

07/12/2021
12:00
Soei Educación

Contacontos con Sofía Aldavero

 

O martes 7 de decembro ás 12.00 h en Soei Educación (r/Castelao) con entrada de balde presentarase o libro "Mi punto fuerte"

Reserva de praza no telf 633 339 501

Sofía Aldavero chega desde Madrid para presentar o seu libro "Mi punto fuerte", unha historia sobre os Reis Magos, as alerxias e o Punto Forte das persoas que conviven con elas.

Os nenos e nenas con alerxias alimentarias teñen que enfrontarse cada día a situacións diferentes ás do resto dos seus iguais. Grazas ao seu punto forte, Jesús consegue solucionalas. Queres ver como? Acompáñanos nesta aventura e descobre o teu punto forte!

Sofía Aldavero
A pesar de que sempre me interesaron os contos nunca pensei en escribir un, pero un ?descoido? da fortuna fixo que me embarcase na aventura de "Mi punto fuerte". Un libro como poucos polas escasas referencias literarias que hai referentes ás alerxias. Con el pretendo que @s peques súper heroes, as súas familias e a súa contorna saiban sortear as dificultades coas que se atopan día a día. Un tema tan descoñecido como necesario e de urxente abordaxe.