MERCADO DE NADAL DO RECREO CULTURAL

Evento Cultural

Do 11/12/2021 ao 11/12/2021
11:00h a 20:30h
Recreo Cultural da Estrada

MERCADO DE NADAL DO RECREO CULTURAL

O RECREO CULTURAL ORGANIZA UN MERCADO DE NADAL PARA TODAS AS E OS ESTRADENSES

*Será o sábado 11 de decembro, con acceso libre e gratuito, en horario de 11.00 a 20.30.

*O programa complétase con actividade cultural e gastronómica ambientada nestas datas tan sinaladas

 

O Recreo Cultural da Estrada celebrará o próximo sábado 11 de decembro o que será o seu primeiro Mercado de Nadal, un evento que a entidade concibe coma unha xornada de portadas abertas, deseñada para que toda a cidadanía acceda e coñeza as instalacións desta sociedade, ao tempo que aposta polos produtores e artesáns estradenses á hora de configurar un escaparate no que o público atope ese agasallo que busca para estas festas.

A celebración estará preservada da adversidade meteorolóxica cunha planificación íntegramente interior nas instalacións do Recreo Cultural, de xeito que tanto os expositores como o público visitante poda gozar da mostra en condicións de comodidade, toda vez que se garantiza que o mal tempo non obrigue á cancelación da actividade.

Como non podía ser doutro xeito, a estética será navideña. O mercado abrirá as súas portas ás 11.00 horas e recibirá ao público, con acceso libre e gratuito, de xeito ininterrumpido ata as 20.30.

Os expositores que xa teñen confirmada a presenza son os que se citan de seguido:

  • A cooperativa CAMIÑO CIRCULAR estará presente no certame. Aínda que ofrecerá aos visitantes a configuración das súas exitosas cestas con marcado acento estradense, acode ao Mercado de Nadal con fomato tenda, ofrecendo artigos soltos que resulten asequible para tódolos petos e sen perder de vista a proximidade e calidade dos produtos con selo estradense. Esta cooperativa pretende a suma de sinerxias para dinamizar o rural e impulsar o desenvolvemento sostible, saudable e solidario. Entre os artigos e firmas presentes no seu espazo expositivo figuran:
    • PASTELERÍA MIMELA: turróns e panettone
    • PASTELERÍA PETISCOS: turróns e polvoróns
    • Doces do taller de repostería MARUXÍO
    • PELEGRINAS. Melindres e bicas de elaboración artesana.
    • Marmeladas ecolóxicas de REBULIDOIRO e BIO FRUIT
    • Licores de Sabugueiro e cremas de licor de POUSA
    • Sidra, mosto, vinagre e xenebra de PEROJA, CAMINO E RABIOSA
    • OVOS DE VOLTEIRO
    • Bolsas de tela da deseñadora SARA VALCÁRCEL
    • Artigos de mimbre
    • LEITE ULLA
    • CASAL DE CREACIÓN
    • DONA FORMIGINHA
    • EMBUTIDOS LALINENSES
    • APÍCOLA CAÑEDO

 

  • A firma CERÁMICA DA ULLA con fonda tradición na elaboración de pezas artesanais e exclusivas dende 1980 estará tamén presente na mostra, ofrecedo unha coidada escolla de pezas como colares, pendentes, pulseiras ou anillos con deseños propios. (https://instagram.com/ar.ceramica?utm_medium=copy_link),
  • CREA CON ADVA, procedente da parroquia estradense de Berres, achegará os seus adornos de Nadal e outros artigos personalizados para regalar nestas festas. Bolas de Nadal orixinais e decoradas ao gusto do consumidor, en madeira e metacrilato son unha das súas cartas de presentación, así como o carácter personalizable de tódalas súas creacións. (Máis información e material gráfico https://instagram.com/creaconadva?utm_medium=copy_link
  • ROSA DE CABANAS. A ilustradora e deseñadora estradense estará presente no mercado a través dos seus cadros e bolsas de tela ilustradas con figuras femininas. Terá un espazo propio atendido polas voluntarias de Camiño Circular, abrindo a posibilidade a quen desexe agasallar con arte este Nadal.
  • CARROUPÍN BY STER: Elaboración de todo tipo de pezas de artesanía en coiro.
  • LIBRERÍA PAPELERÍA DURÁN. Un clásico do sector na Estrada. Selección de libros infantil e adulto, coas últimas novidades bibliográficas e pezas de temática navideña, entre outras sorpresas.
  • PINTALETRAS: Estará presente cos seus xoguetes de madeira, educativos e novidades bibliográficas
  • CREANDO CON TANIA E CREA Y HAZLO CON MIRIAM: Artigos en resina, decoración de Nadal e lámpadas.
  • MIKOSIH: Tocados, bolsos, diademas e outras cousas bonitas
  • ARLIT. Bosque de Nadal sostible con pezas de cartón

 

A cultura terá tamén espazo propio no Mercado de Nadal do Recreo Cultural, un evento que contará coa colaboración da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE), o Concello da Estrada e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Deste xeito, haberá un CONCERTO DE NADAL da escola MUSIKENOS, una proposta que combinará voz e acústico con un cento de participantes sobre o escenario. Participará tamén un grupo de PANDERETEIRAS DA ESCOLA DE TEQUEXETÉLDERE e, finalmente, o cantautor EMILIO RÚA

No tocante á restauración, a barra do servizo de cafetería transformarase en taberna para a ocasión, propoñendo unha ampla selección de pinchos a prezos populares que se poderán maridar con sidra estradense, da man do LAGAR PEROJA, da parroquia de Agar.

Non faltarán tampouco os churros quentes. CHURRERÍA LA CESUREÑA colocará cun posto que funcionará na entrada do recinto ao longo de todo o día e dende o que tamén se ofecerá chocolate quente. De igual xeito, PULPERÍA PORTA instalará no recinto unha carpa calefectada.