Tras a pegada das Bestas

Axenda

09/07/2021
21:00
Sabucedo

TRAS A PEGADA DAS BESTAS

Campaña de sensibilización para a protección e defensa das nosas bestas, o mamífero salvaxe máis grande de Europa Occidental.

Saída aos montes de Montouto para observar o comportamento das bestas de Sabucedo e demais fauna que atoparemos no camiño entre carballeiras, petróglifos, foxos...

Visita organizada e comentada para a que se recomenda roupa de sendeirismo, auga, bocata e prismáticos.

 

PROGRAMA

Venres 9 de xullo:

- 21.00 h: Actuación de Quico Cadaval "Complexo de Edipo". Curro do Campo do Medio

 

Sábado 10 de xullo:

Andaina: Saída aos montes de Montouto para observar o comportamento das bestas de Sabucedo e demais fauna que atoparemos polo camiño entre carballeiras, petróglifos, foxos,...

- 09.00 h: Saída dende o Teleclube ao monte para observar as bestas

- 14.00 h: Chegada ao pobo. Haberá unha carpa con polbo e churrasco no Campo do Medio (aconsellase reservar)

- 16.00 h: Sobremesa musical.

- 18.00 h: Actuación teatral de Mofa e Befa.

 

Prégase confirmar asistencia no Teleclube, no teléfono 639 105 098 ou no correo rapadesabucedo@gmail.com