CONCURSO VÍDEO PARA AFECCIONADOS

Evento Cultural

Do 02/06/2021 ao 23/06/2021
00:00h a 00:00h
A Estrada

CONCURSO VIDEO PARA AFICIONADOS

“Axuda ao teu comercio favorito da Estrada”

 

Prazo ata o 23 de xuño.

 

BASES:

 

  1. Os vídeos deberán ser dun negocio do Concello da Estrada.
  2. Non poderá superar 1 minuto de duración.
  3. O vídeo entregado deberá estar en formato Mp4.
  4. A resolución deberá ser de 1920x1080.
  5. Poderá participar calquera persoa física, asociación ou grupo, sen restrición de idade.
  6. Só poderá presentarse un vídeos por participante.
  7. O prazo de entrega de vídeos é ata o 23 de xuño do 2021.
  8. Os vídeos deberán estar presentados en galego no caso de que leven voz ou subtítulos.
  9. Os concursantes deberanse asegurar de que teñen os dereitos das pezas musicais, das persoas que aparezan neles ou calquera elemento do vídeo; a organización non asumirá a responsabilidade por infracción de dereitos.
  10. Os vídeos serán presentados a través do correo electrónico: aso.ocionautas@gmail.com

Indicando no Asunto: concurso vídeos XFest

  1. Os gañadores anunciaranse no XFest.

 

A participación nesta convocatoria presupón a titularidade lexítima dos dereitos do vídeos e, así mesmo, autoriza a cesión dos dereitos que sexan necesarios.

Con carácter xeral, cederanse os dereitos de reprodución e comunicación pública. A cesión será exclusiva e con capacidade para lles outorgar autorizacións a terceiras persoas.

 

PREMIOS: 

1º 200€  

2º 100€  

3º 50€