Liberto no Teatro Principal
Evento Cultural
Rebordelos
Liberto
DÍA: Venres 21 de maio
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Teatro contemporáneo
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 80 min
ENTRADA: 5,00€ previa retirada no departamento de Cultura
SINOPSE: Liberto foi o espectáculo revelación nos Premios de Teatro María Casares cando logrou acadar o maior número de finalistas na última edición, logrando o Premio María Casares á mellor actriz protagonista (Rocío González) e á mellor música orixinal (Lucía Aldao).
Contra todo pronóstico, esta peza converteuse nun dos espectáculos de referencia da tempada. Aplaudida pola crítica e impactante para o público, con música en directo e un ton de fina ironía, conta en primeira persoa a historia de Ada, unha nai que ten a afrontar que o seu fillo recén nacido ten una parálise cerebral severa.