Vagalumes rende homenaxe a Xela Arias

Evento Cultural

Do 14/05/2021 ao 14/05/2021
20:00h a 21:00h
Praza da Música

O acto de celebración será o vindeiro venres día 14 de maio ás 20.00 h na Praza da Música. Nel, a AC Vagalumes ten programadas as seguintes  intervencións:

-“Linguaxela”,  do  mestre e  escritor David Otero

-“Dereito a vivirmos en galego” do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Marcos Maceira 

-Actuación musical de JásperManu García e Patti Castro; e recital poético sobre a obra de Xela Arias, no que poderán participar todas as persoas que o desexen. 

O acto será retransmitido en directo en streaming  a través da páxina www.tabeirosmontes.com e a través de youtube e facebook de tabeirosmontes.