MESTRE MA NON TROPPO

Evento Cultural

Do 20/03/2021 ao 20/03/2021
18:30h a 19:20h
Teatro Principal

MESTRE MA NON TROPPO
Bandullo Azul


DÍA: Sábado 20 de marzo
HORA: 18.30 h
XÉNERO: Teatro musical, clown
CATALOGACIÓN: Familiar (+3 anos)
DURACIÓN: 50 min
ENTRADA: 3,00€ (capacidade da sala reducida)

SINOPSE: Na sociedade dos "talent show", esta comedia triste rompe unha lanza por aqueles xoguetes rotos que nunca gañaron o corazón do público, que nunca acadaron ese oco na Gran Final e aos que a vida ou o Risto de turno nunca lles concederon unha ocasión para a repesca.

Interpretada por Fran Campos e dirixida e escrita por Fran Ameixeiras, Mestre ma non troppo convida ao espectador, de volta á casa, a reflexionar sobre a súa propia actuación e sobre as súas metas.