SOBRE O MAL QUE FAI O TABACO

Evento Cultural

Do 28/05/2021 ao 28/05/2021
20:30h a 21:20h
Teatro Principal

SOBRE O MAL QUE FAI O TABACO
Escola Municipal de Artes Escénicas


DÍA: Venres 28 de maio
HORA: 20.30 h
XÉNERO: Traxicomedia
CATALOGACIÓN: +12
DURACIÓN: 50 min
ENTRADA: De balde, previa recollida de invitación (capacidade da sala restrinxida por mor do COVID19)

SINOPSE: A Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada, en colaboración co Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, volve poñer escena un coñecido texto de Chêjov adaptado e dirixido por Santiago Cortegoso e interpretado por Gonzalo Valcárcel, Juan Núñez, Pablo Bernárdez e Manuel Castedo.

Sobre o mal que fai o tabaco é un monólogo no que un pobre mestre, marido da dona dun internado para rapazas, expón unha conferencia sobre os danos do tabaco, que termina derivando nunha confesión dos problemas da súa convivencia marital.